Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario.

Más información en nuestra Política de Cookies.

AceptarRechazar
language

Club de lectura

Club de lectura

¿Qué é un club de lectura?

Un club de lectura é un grupo de persoas que se reunen periodicamente para comentar un mesmo libro. Cada un le de xeito individual na súa casa e despois, nas reunións do Club, comparten opinións e debaten os distintos aspectos do texto: as personaxes, o seu significado, o estilo literario, etc.

Non é necesario ser un gran lector, simplemente ter ganas de ler e animarse a participar.

Os libros son aportados pola Biblioteca Municipal de Tui. O persoal da Biblioteca actuará tamén como coordinador e moderador dos clubs.

Como inscribirse?

Compre encher a solicitude, marcar o club de lectura no que desexa (adultos ou en francés) participar e entregar a solicitude ben persoalmente na propia Biblioteca ou enviala á seguinte dirección de correo electrónico: biblioteca@tui.gal

Selección

A selección dos participantes será por rigoroso orde de chegada das solicitudes. Se fose o caso, haberá lista de espera para cubrir as vacantes que se produciran.

Prazo de inscrición

Comezará o 1 de outubro rematando o 15 de outubro de 2022

Lista de admitidos

Unha vez pechado o prazo de inscrición se publicará a lista de admitidos aos Clubs no taboleiro da Bibliotecas, na súa web e nas súas redes sociais.

Horario

As reunións serán cada quince días os martes ás 18 horas.

Formulario de inscripción

Rellene el formulario para inscribirse en el club de lectura de la biblioteca

Indique el club de lectura que prefiere