Condicións de préstamo
Condicións de préstamo
Condicións de préstamo
Para utilizar o servixo de préstamo é necesario contar con un carné de usuario que se entregará o lector no momento da súa incripción. Para inscribirse debe presentar un DNi, Pasaporte ou carné de conducir. Os menores de 18 anos presentarán a documentación do pai, nai ou titor.
O servizo de préstamo é gratuito e cada usuario poderá levar en préstamos simultaneamente::
- 5 libros durante 21 días.
Os prestamos pódense renovar por un periodo adicional de 21 días. En caso de demora na devolución o usuario será penalizado por un periodo de días igual os días de retraso por cada libro. 1 día de retraso, 1 día de sanción sen préstamo.
O carné infantil só poderá usarse para sacar en préstamo libros do fondo infantil e xuvenil.
Servizo de reservas
O usuario de biblioteca pode realizar a reserva de aqueles documentos do seu interés que se atopen prestados no momento da solicitude. Poden reservarse ata 5 documentos. A biblioteca comprómetese a avisalos cando o exemplar sexa devolto e o usuario dispón de 72 horas para recollelo en préstamo.