Normas de uso
Normas de uso da sala
O acceso ás dependencias públicas da BMP de Tui será libre e gratuíto e non requirirá acreditación de identidade, agás para o servizo de préstamo en cuxo caso a BPM expedirá o correspondente carné de lector que deberá ser utilizado para ter dereito aos empréstitos.
A BPM de Tui, como institución de carácter público da administración local, non practicará ningún tipo de discriminación por nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia social.
As únicas restricións, en razón da seguridade e conservación ,realizaranse en función do carácter patrimonial ou especial de certos documentos, que, non obstante, poderán ser usados en salas ou mediante permisos específicos.
Igualmente nas instalación da BPM de Tui deberán adoptarse as medidas necesarias para facer posible o acceso a todos os servizos das persoas con discapacidade.
Permitirase a entrada con materiais informáticos ou de escritura propios, tales como computadores portátiles, mais non se permitirá utilizar cámaras fotográficas, teléfonos móbiles con son, escáneres particulares e outros aparellos de reprodución.
Non se permitirá introducir ou consumir comida, bebida, tabaco ou similares, permanecer nas salas con finalidade distinta á fixada para cada espazo, así como alterar a orde, marcar ou danar bens mobles ou inmobles. Tampouco se consentirá subliñar, escribir, dobrar, raspar ou mutilar os libros ou documentos.
O usuario poderá expresar as súas propostas e queixas, incluídas as de adquisición de obras que non posúa a BPM de Tui a través de suxestións, que poderá depositar na caixa ou entregar ao persoal da biblioteca .