A biblioteca
Biblioteca pública municipal de Tui
O edificio que acolle na actualidade á Bibilioteca e demáis servicios culturais foi anteriormente Hospital, Inclusa e Centro de Ensino.
A cidadde de Tui dispuña dende a Idade Media dun Hospital para pobres e dende a época moderna dunha Inclusa ou Casa de Expositos, que ocuparon diversos inmobles no Casco Histórico. A finais do século XIX dadas as malas condicións hixiénicas destes edificios acometeuse o proxecto de construcción dun novo Hospital e Inclusa. Para este obxectivo, foron entregados en 1900 boa parte dos bens legados a esta institución por Doña Rosa Domínguez Bahamonde, mercando en 1901 a finca chamada "Chauchau". Con novas achegas tanto privadas como institucionais (Deputación Provincial, residentes en Brasil, Banco de Galicia en Buenos Aires, etc) o 24 de xuño de 1902 colocouse a primeira pedra deste edificio. As obras avanzaron moi lentamente pola falla de medios económicos. Neste tempo, o tudense Félix Rodríguez González doou toda a súa fortuna tras o seu pasamento, coa condición de ser soterrado na capela deste Hospital. (A este egrexio benefactor lembramos hoxe na sala que leva o seu nome "Féliz Rodríguez").
En maio de 1923 foron por fin inauguradas as novas instalacións deste Hospital e Inclusa construído con estilo neogótico.
O Hospital foi militarizado durante a Guerra Civil, perdurou ata 1954 e pasou a "Hospitalillo" das Hermanitas dos Pobres ubicadas no barrio de San Domingos. Os orfos da inclusa foron trasladados a Pontevedra e a o tudense fogar "Padre Salgado". En 1958 adquirido polo Ministerio de Educación adícase ó ensino, primeiro como Instituto Laboral e logo como Instituto de Bacharelato, ata que en torno a 1995 o Instituto trasládase á súa actual ubicación.
O edificio pasa logo á propiedade da Xuta de Galicia que o rehabilita con destino a centro cultural sendo cedido ao concello de Tui no ano 2001 para esta finalidade.
A nosa biblioteca comezou a súa andadura na planta baixa da casa consistorial en 1970, xa en 2003 os seus fondos transladáronse o Edificio Francisco Sánchez, coñecida popularmente como Área Panorámica. Neste edificio que foi hospital militar e insituto de secundaria antes que biblioteca, contamos con 65 postos de lectura para adultos e 24 na sala infantil, 6 ordenadores de acceso libre, wifi gratuito, consulta de peródicos, revistas, libros electrónicos e unha gran variedade de libros de tódalas temáticas.
O edificio que ocupa parcialmente a biblioteca, consta de 4 plantas e unha superficie total de 3.305m². dos que 1529m² corresponden a superficie da biblioteca. O edificio Francisco Sánchez tamén alberga o teatro municipal e a radio, así como sala de exposicións, centros de reunión e dependencias para asociacións locais.