Espazos para a comunidade
O Concello de Teo conta con Casas comúns, instalacións socioculturais municipais que son bens de dominio público e se destinan ó servizo da cidadanía para a práctica das actividades culturais, sociais e veciñais que se axusten ás características dos locais.
Para a súa utilización existe un regulamento que establece o uso e funcionamento dos locais socioculturais municipais do Concello de Teo situados nos lugares de Bamonde, Calo, Campos-Teo, Lampai, Oza, Rarís, A Torre-Cacheiras e A Ramallosa. Tamén as bibliotecas de Teo (BPM do Grilo-Cacheiras e BPM Os Tilos-Teo) forman tamén parte desta rede de centros.
Ocupación das casas comúns
Co fin de informar aos usuarios e usuarias da súa utilización das casas comúns municipais pode consultar aquí este calendario.
Método para a solicitude
Calquera persoa pode realizar unha solicitude cubrindo este modelo indicando o día, hora e fin para o que solicita e presentándoa por Rexistro de Entrada na Casa do Concello.
Unha vez autorizado o uso da casa, deberá pagar a taxa correspondente, segundo a ordenanza vixente, mediante este formulario nas oficinas de Abanca ou Sabadell Gallego.