Club de lectura
¿Qué é un club de lectura?
Un club de lectura é un grupo de persoas que se reúnen periódicamente para discutir sobre un mesmo libro. Cada un le individualmente na súa casa e logo, nas reunións do Club, comparten opinións e discuten os diferentes aspectos do texto: os personaxes, o seu significado, o estilo literario, etc.
Non é necesario ser un gran lector, solo gañas de ler e animarse a participar. Os libros son proporcionados polas Bibliotecas de Teo. O persoal da biblioteca tamén actuará como coordinador e moderador do club.
¿Cómo rexistrarse?
Complete a solicitude e presente a solicitude persoalmente na propia Biblioteca ou envíelaó seguinte enderezo de correo electrónico:
bibliotecatilos@teo.gal
Selección
A selección de participantes farase por estrita orde de chegada de solicitudes. As persoas que xa formaban parte do club o ano anterior terán preferencia e non é necesario que volvan a solicitar a praza. Haberá unha listaxe de agarda para cubrir as vacantes que se produciran e en caso de que o número sexa alto, ábrese a posibilidade de iniciar un novo club
Data limite de inscrición
Comezará o 16 de setembro e finalizará o 10 de outubro de 2022
Horario
As reunións do club serán os martes ás 20:00 h na Biblioteca do Grilo-Caheiras