Condicións de préstamo
Préstamo persoal
Permiteche levar un máximo de 5 obras a casa coas seguentes condicións de préstamo:
- Libros: máximo 5 exemplares por prazo de 21 días, coa posibilidade dunha renovación.
- Audiovisuais: máximo 2 exemplares por prazo de 7 días, coa posibilidade dunha renovación.
- Documentos sonoros: máximo 2 exemplares por prazo de 7 días, coa posibilidade dunha renovación
- Revistas: máximo 2 exemplares por prazo de 7 días, coa posibilidade dunha renovación
Pero ademáis, en toda a Rede de bibliotecas poderías levar ata un máximo de 20 exemplares.
Para levar en préstamo, simplemente escolle os materiais que te interesen e preséntaos no mostrador xunto ó carné de lector de calquera das bibliotecas da Rede. Se te pasas na data de devolución, serás automaticamente sancionado: 1 día de suspensión por día de atraso e exemplar o que supón non poder levar en préstamo, renovar nin reservar en toda a Rede de bibliotecas.
Reserva e renovación
Poderás efectuar as túas renovacións dende 5 días despois do préstamo ata o día de vencemento. Non poderás renovar si o exemplar está reservado por outra persoa. Tampouco si estás sancionado ou tes préstamos fóra de prazo. As renovacións pode tramitarse:
- A través da túa conta persoal
- De forma presencial
- Por teléfono: preme aquí para consultar os teléfonos
Sode renovar unha vez, pero podes devolvelo na biblioteca e volver a levalo en préstamo si non está reservado por outra persoa.
Podes reservar un exemplar que neste momento estea prestado. Cando estea dispoñible chegará un aviso automático por email polo que debes ter na túa conta de usuario un email válido.
Podes facer as reservas polos mesmos medios que a renovación. Poderás reservar un máximo de 3 libros e 2 DVD ao mesmo tempo. E unha vez que estean dispoñibles disporás de 3 días para pasar a recollelos pola biblioteca.
Préstamo institucional
Este é un servizo que ofrecen as biblioteca a asociacións, institucións, colexios e institutos, centros ocupacionais, agrupacións culturais, centros de recursos, grupos de teatro e outros colectivos.
A dirección ou persoa encargada da institución solicita a alta da entidade cubrindo a solicitude do carné de entidade (para Cacheiras preme aquí, para Os Tilos preme aquí) e nomeando a unha persoa responsable. Tamén é necesario cubrir unha autorización e entregala asinada na biblioteca, que pode descargarse nesta páxina (para a BPM do Grilo-Cacheiras preme aquí e para BPM Os Tilos-Teo preme aquí) ou cubrila e asinala ó acudir á biblioteca.
O número máximo de documentos que poden retirarse por carné será de 60 por biblioteca e 120 en toda a Rede. A distribución por tipo de material podes consulta aquí
Poderán facerse un máximo de 2 renovacións (sempre que non existan reservas)