BPM Os Tilos-Teo
Casa Común dos Tilos-Teo

A Casa Común dos Tilos atópase dentro do Parque de Os Tilos buscando dotar a esta parroquia dun local referencial de carácter socio-cultural. Buscou a rexeneración e recuperación dunha parte pouco coidada do parque.
Perseguindo a integración na contorna co menor impacto posible, distribúese en tres corpos de distinto tamaño: corpos compactos ó exterior e que ó interior resólvense con espazos amplos e versátiles, cálidos, acolledores e luminosos, nos que a madeira é a gran protagonista.
Os tres espazos organízanse en torno a unha pequena praza común, lixeiramente elevada respecto ó chan que funciona como outra aula ó aire libre.
Buscáronse materiais de baixo custe de fabricación, construción e mantemento; madeiras autóctonas (piñeiro pinaster fundamentalmente) co seu envellecemento como factor de integración en sí mesmo, empregadas en fachadas, cubertas, acabados e pavimentos. Tamén emprégase madeira laminada e sepárase do chan gracias a un zócolo de formigón; complementase con elementos liñais de aceiro galvanizado en quente ata a cota da praza elevada. A partir deste punto formalízase unha estrutura de piñeiro-abeto laminado con distintos revestimentos de contrachapado e taboleiro alistonado.
Módulo xeral

Neste módulo atoparás a zona de recepción, a sección infantil e xuvenil (incluindo a bebeteca), o fondo local e os ordenadores de uso público. Para consultar estas coleccións preme aquí
Módulo de obradoiros
Este espazo está deseñado para realizar todo tipo de actividades e obradoiros. Tamén acolle o fondo de narrativa (para máis información do fondo preme aquí).
Módulo de estudo

Sala que funciona como lugar de estudo. Nos seus andeis podes consultar a colección de non ficción e a de audiovisuais. Se precisas máis información da colección preme aquí.