Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario.

Más información en nuestra Política de Cookies.

AceptarRechazar
language

Normas de uso

Normas xerais de uso da Biblioteca

Non está permitido:

  • Fumar
  • Acceder á biblioteca co volume do teléfono móbil activado.
  • Berrar, falar en voz excesivamente alta ou facer ruido que altere a tranquilidade necesaria para a lectura.
  • Mover mobiliario de sitio (cadeiras, mesas…) sen permiso do persoal
  • Sacar obras da Biblioteca sen pasar previamente polo servizo de préstamo.
  • Maltratar ningún bien moble ou inmoble da biblioteca.

Tamén ten que ter en conta:

  • Respectar a normativa propia de cada Servizo.
  • O acceso ás estanterías é libre e está aberto a calquera persoa que desexe consultar obras na mesma Biblioteca ou utilizar o servizo de préstamo.
  • Respectar a colocación dos materiais nas estanterías, as obras consultadas poderán deixarse nos espazos habilitados para tal efecto.
  • Ter en todo momento unha actitude respectuosa cara o personal da Biblioteca, cara o resto de usuarios e cara o fondo e as instalacións.
  • Manter unha conducta tolerante, educada e hixiénica.
  • O persoal poderá pedir a quen non respecte as normas que abandone as instalacións de maneira temporal ou definitiva.