Infantil e xuvenil
Sección destinada a nenos, nenas e aos seus/súas acompañantes. Os/as menores de 7 anos deben vir sempre acompañados/as, hai que coidalos moito e aprenderlles a comportarse.
A colección infantil clasifícase por idades, identificadas con cores. O rótulo do libro leva a cor da idade para a que nos parecen máis axeitados, pero ti es quen decide.
- Azul: para nenos e nenas de 0 a 5 anos. Agrúpanse ademais en centros temáticos para axudarvos a escoller.
- Vermello: para rapaces e rapazas de 6 a 8 anos.
- Verde: para rapaces e rapazas de 9 a 11 anos.
- Amarelo: para rapaces e rapazas de 12 a 14 anos.
Os libros informativos van clasificados con números que se corresponden coas diferentes materias, seguindo a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal).
Os libros de ficción (novelas, contos, poesías, cancións...) identifícanse con letras:
- IN: narrativa
- IP: poesía
- IT: teatro
Os documentos azuis e vermellos están ordeados por colección, editorial ou personaxe (nesa orde de preferencia).
Na sección de audiovisuais tamén atoparás:
- Películas
- Series
- Audiovisuais informativos (sobre natureza, saúde...)
Tamén contamos cun Recuncho de nais e pais con libros e revistas sobre educación infantil e outros temas relacionados (PAI)