Normas de uso
Normas xerais de uso da Biblioteca
Non está permitido:
- Fumar
- Acceder á biblioteca co volume do teléfono móbil activado.
- Berrar, falar en voz excesivamente alta ou facer ruido que altere a tranquilidade necesaria para a lectura.
- Mover mobiliario de sitio (cadeiras, mesas…) sen permiso do persoal
- Sacar obras da Biblioteca sen pasar previamente polo servizo de préstamo.
- Maltratar ningún bien moble ou inmoble da biblioteca.
Tamén ten que ter en conta:
- Respectar a normativa propia de cada Servizo.
- O acceso ás estanterías é libre e está aberto a calquera persoa que desexe consultar obras na mesma Biblioteca ou utilizar o servizo de préstamo.
- Respectar a colocación dos materiais nas estanterías, as obras consultadas poderán deixarse nos espazos habilitados para tal efecto.
- Ter en todo momento unha actitude respectuosa cara o personal da Biblioteca, cara o resto de usuarios e cara o fondo e as instalacións.
- Manter unha conducta tolerante, educada e hixiénica.
- O persoal poderá pedir a quen non respecte as normas que abandone as instalacións de maneira temporal ou definitiva.