Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario.

Más información en nuestra Política de Cookies.

AceptarRechazar
language

Principios e valores

Biblioteca

Misión y valores de la biblioteca

A Lei 5/2012, de 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia define a Biblioteca ou servizos bibliotecarios como "calquera organización, individual ou colectiva, resultante da estructuración dunha ou varias unidades que, a través dos procesos, dos medios técnicos e persoais e dos servizos axeitados, ten como misión a reunión, conservación, organización e difusión de documentos publicados ou creados para a súa difusión en calquera soporte e formato, coa finalidade de facilitar á ciudadanía o acceso á cultura, a información, a investigación, a educación e o ocio contidos neses documentos.

1.1 En función da súa titularidade, as bibliotecas poderán ser:

a) Bibliotecas de titularidade pública: aquelas das que sexan titulares as administracións públicas de Galicia e demáis entidades do sector público autonómico e as entidades locais.

b) Bibliotecas de titularidade privada: aquelas das que sexa titular calquera persoa física ou xurídica de dereito privado.

1.2 En función do seu uso, as bibliotecas poderán ser:

a) Bibliotecas de uso público xeral: son aquelas bibliotecas abertas ó público en xeral que prestan a toda a comunidade un servizo de lectura e información sen máis restricción ó uso dos seus fondos e servizos que a que se derive da conservación e preservación dos fondos patrimoniais. As denominadas como «bibliotecas públicas» son sempre de uso público xeral.

b) Bibliotecas de uso restrinxido: son aquelas bibliotecas que están ó servizo dunha institución ou grupo determinado de usuarios e usuarias. Ten esta consideración as bibliotecas universitarias, as de centros de ensino e as especializadas nunha materia ou área de coñecemento, agás que os seus titulares voluntariamente non limiten o acceso ós seus fondos.

Artículo 4. Principios e valores das bibliotecas.

Son principios e valores de actuación aplicables en materia de bibliotecas:

a) A lealdade institucional. Os poderes públicos titulares de bibliotecas actuarán conforme ós principios de lealdade institucional, coordinación e colaboración, nos termos previstos no artigo 4 da Ley 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) A igualdade no acceso e diversidade nos contidos culturais. Os poderes públicos galegos facilitarán e fomentarán o acceso regular, gratuito e continuado de todas as persoas e grupos sen discriminación por razón de orixe, etnia, relixión, ideoloxía, xénero ou orientación sexual, idade, discapacidade, recursos económicos ou calquera outra circunstancia persoal ou social, e desenvolverán políticas bibliotecarias específicas cando fose necesario.

c) A adaptación ó ámbito dixital e multimedia. Os servizos bibliotecarios poderán ser prestados de modo presencial ou mediante procedementos telemáticos nos termos previstos na presente lei. Os poderes públicos galegos impulsarán a dixitalización do material cultural e o seu acceso en liña a través das bibliotecas das que sexan titulares.

d) A transversalidade das políticas públicas de depósito cultural. Os poderes públicos galegos titulares de bibliotecas ou coleccións bibliográficas desenvolverán políticas de cooperación e colaboración con arquivos, museos e restantes institucións de depósito cultural de Galicia para un máis eficaz acceso, uso e difusión dos seus respectivos fondos á cidadanía.

e) A liberdade intelectual.

f) A pluralidade dos recursos informativos que reúnen para reflexar a diversidade da sociedade.

g) A gratuidade dos seus servizos, como mínimo os de consulta, préstamo persoal e colectivo, acceso a internet, información bibliográfica que se poida obter cos seus recursos, información á comunidade e formación das persoas usuarias.

h) A cooperación con outros sistemas bibliotecarios, bibliotecas, arquivos e museos, especialmente do ámbito lingüístico galego".