Coñécenos

A Biblioteca atópase na primeira planta da Casa da Cultura de Ribadavia.
A nosa biblioteca é un lugar de encontro para todos aqueles que queiran achegarse, que trata de adecuarse a vosas necesidades e polo tanto necesita da vosa colaboración para mellorar día a día.
Axudádenos a conseguilo facéndonos chegar as vosas suxerencias, desideratas, queixas, etc....conseguindo así, unha biblioteca dinámica e que interactúa cos usuarios.
Estaremos encantados de recibirvos e axudarvos.