Hermanamiento Biblioteca Argentina
Lendas do Ribeiro
Recentemente vimos de asinar un convenio de irmandamento coa Biblioteca Popular Sarmiento de Villa Italia en Tandil, Arxentina, co obxetivo de realizar proxectos conxuntamente de fomento da lectura.
O primeiro paso, foi dar a coñecer tanto a Biblioteca arxentina como a cidade na que se ubica a biblioteca, Tandil, nunha exposición fotográfica cos monumentos mais importantes da cidade e con fotos da bibliteca e
Neste mes de xuño, iniciamos un novo proxecto titulado Lendas, no cal, ambas bibliotecas, coa colaboración de institucións educativas da comarca, recollimos lendas e contos da contorna. As institucións educativas que colaboraron foron, por parte da Biblioteca de Ribadavia o IES O Ribeiro e por parte da Biblioteca de Tandil, o EES nº 1 Villa Cacique.
Rapaces de ambos centros educativos, baixo as directrices dos seus profesores, recabaron información sobre lendas das súas localidades para logo grabalas nuns fermosos videos con audio, música e imaxes relativas ao que se contaba nas lendas.
As lendas de ambas bibliotecas foron publicadas simultaneamente nas redes sociais das bibliotecas e en youtube.