Exposición Agenda 2030
Dentro das actividades do Dia das Bibliotecas o 24 de outubro, iniciamos un novo proxecto de fomento da lectura adicado á Axenda 2030 que titulamos "Os libros, semente dos ODS". O obxetivo é dar a coñecer aos nenos os 17 obxetivos da Axenda 2030.
Fixemos unha selección de libros infantís relacionados cos obxetivos e fixemos unha mostra bibliográfica e cartelería da exposición, á vez que creamos un punto de interese con mais libros relacionados con cada obxetivo.
Creouse ademais un carné especial chamado Guardiáns da Axenda 2030, que entregamos a cada neno que queira participar levando libros do proxecto (un libro polo menos de cada obxetivo) para ir selandoo no carné especial e cumprir así con todos os retos, que ampliaremos con obradoiros e contacontos proximamente.