Mes de los libros
2 de abril, Dia do Libro Infantil e Xuvenil
O 2 de abril celebramos o Dia do Libro Infantil con nenos do CEIP Plurilingüe de Ribadavia.
Asistiron a un contacontos relacionado co Proxecto que estamos a levar a cabo este ano, os libros como semente dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
O contacontos titulado "Que contan as árbores" estivo a cargo de Maquinaria Teatro e pasárono xenial coñecendo historias teatralizadas sobre o ecosistema terrestre, ODS 15.
Posteriormente visitaron a exposición-mostra bibliográfica SOS Océanos.
Ademas a lo largo del mes estamos entregando los premios a los niños que han conseguido finalizar el carné especial Guardianes de la Agenda 2030
23 de abril, Dia do Libro
O 23 de abril celebramos o Dia do Libro con nenos do CRA Amencer do Ribeiro.
Asistiron a un contacontos titulado "Animaladas" de Teatro Calavera" relacionado co ODS 15 Ecosistemas Terrestres.
Despois do contacontos fixeron un obradoiro de globoflexia e visitaron tamén a exposición-mostra bibliográfica SOS Océanos.
IES Ribeiro, Dia do Libro
O 30 de abril recibimos a visita de rapaces de Secundaria do IES Ribeiro de Ribadavia.
Visitaron a exposición e asistiron a unha charla sobre a Axenda 2030, para pasar logo a facer unhos xogos sobre os ODS e un contacontos sobre o ODS 16 ( Paz, Xustiza e Institucións Sólidas).
Visita IES Valadares, Dia do Libro
O 30 de abril as 12 h visitáronnos rapaces do club de lectura e voluntarios da biblioteca do IES de Valadares de Vigo.
Ademais de visitar a exposición SOS Océanos e unha charla sobre a Axenda 2030, coñeceron todas as psuxerencias de lectura de libros relacionadas cos 17 ODS que lles fumos reseñando.
Finalizamos a visita cun contacontos sobre o libro "A viaxe" de Francesca Sanna, para profundizar na problemática dos refuxiados, relacionada con ODS como o 10, Redución das desigualdades.