Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario.

AceptarRechazar
language

Condicións de préstamo

Condicións de préstamo

Préstamo

Para utilizar o servizo de préstamo é necesario contar cun carné de usuario que se entregará ao lector no momento da súa inscripción. Para conseguilo o usuario ten que presentar o DNI, Pasaporte ou NIE

O usuario poderá levarse en préstamo simultáneamente:

  • 5 libros durante 21 días.
  • 2 multimedia (cd-audio, cd-rom o dvd) durante 7 días.
  • En total, dentro da Rede Municipal de Bibliotecas poderá ter un máximo de 10 préstamos

Os préstamos poden renovarse unha vez; pero a renovación debe efectuarse antes do vencemento do préstamo. Se o documento foi reservado por outro usuario no poderá efectuarse a prórroga.

No caso de demora na devolución dos documentos en préstamo, o usuario será privado deste servizo por un período de días igual aos días de retraso multiplicado polo número de libros ou documentos non devueltos no prazo acordado.

O carné infantil só poderá usarse para sacar en préstamo fondo infantil ou xuvenil.

Préstamo de libros electrónicos

Co carné de usuario e solicitando a alta no servizo GaliciaLe poderás facer o préstamo dun máximo de cuatro libros electrónicos: dous no catálogo en galego e dous no catálogo en castelán durante 21 días.

Fondo de consulta en sala

As obras de consulta e referencia están excluidas do préstamo, así como os periódicos e as revistas.

Préstamo colectivo

Poden solicitalo institucions, previa presentación dun formulario. Da acceso ao préstamo de 60 documentos en condicions especiais para entidades.

Préstamo interbibliotecario

O servizo de préstamo interbibliotecario facilita o préstamo de libros doutras bibliotecas.

Estos libros non poden estar no fondo da biblioteca dende a que se solicita o servizo.

Están excluidos os best-sellers, os exemplares adquiridos no último año ou os que, por razóns do servizo, non se poidan prestar dende a biblioteca á que se solicitan.