Normas de uso
Normas xerais de uso da Biblioteca
Non está permitido:
- Acceder á biblioteca co teléfono móbil conectado con son.
- Introducir e/ou consumir comida ou bebida (excepto auga).
- Acceder con mascotas ao centro, excepto no caso dos cans guía de persoas invidentes.
- Introducir bicicletas ou patins no centro.
- Mover mobiliario de sitio (cadeiras, mesas…).
Ademáis, hai que ter en conta que:
- O acceso ás estanterías é libre e está aberto a cualquera persoa que desexe consultar obras na mesma biblioteca ou utilizar o servicio de préstamo; pero é necesario respectar a colocación dos materiais nas estanterías. As obras consultadas poderanse deixar no carro habilitado para tal efecto ou no mostrador.
- Os libros e audiovisuais deben devolverse ao seu vencemento no mesmo estado no que foron prestados. Calquera tipo de deterioro ou perda correrá a cargo do prestatario. Os usuarios que no repoñan os materiais danados ou extraviados non tendrán acceso aos servizos da biblioteca ata que os repoñan.
- O servizo de internet ten o mesmo carácter cultural da biblioteca, quedando por tanto vedados calquera outro tipo de uso diferente aos propios da institución. Está expresamente prohibido acceder, copiar, arquivar, descargar ou enviar contidos ofensivos, de carácter amenazador, obsceno ou calquer tipo de contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual.
- A biblioteca é un espazo de lectura, información e coñecemento no que os usuarios deben respectarse mutuamente mantendo un nivel de ruido razoable para todos e observando unha actitude educada hacia o persoal da Biblioteca, hacia o resto de usuarios e hacia o fondo e as instalacións..
- O persoal do centro pode pedir a quen non respecte estas normas que abandone as instalacións.