A biblioteca
Quenes somos

A Biblioteca Pública Municipal Central de Cangas abriu as suas portas en 1989, co obxectivo de facilitar o acceso á cultura e a información en condicións de igualdade a todos os cidadáns, ubicada nun edificio construido para tal fin ao carón da praia urbana de Rodeira, coñecido popularmente como Casa da Cultura.
O edificio foi deseñado polo arquitecto César Portela por encargo do Concello, e no ano 1984 arrancaron as obras tras derribar unha antiga nave onde se ubicara unha popular sala de baile denominada "O Danubio azul".
En palabras do arquitecto, "a importancia do edificio é grande, non so pola sua función, senon tamén pola sua situación estratéxica na fachada litoral, que o fai visible dende boa parte da ría. Na sua construcción cuidaronse especialmente os aspectos tipolóxicos que fan referencia analóxica á arquitectura tradicional do litoral galego, como andrómenas portuarias, estaleiros e fábricas conserveiras, enriquecidos pola presencia dun soportal perimetral e galerías".
No seu interior, a biblioteca e o salón de actos constituen grandes espazos a dobre altura que, combinados con otros menores destinados a aulas, despachos e servizos consiguen un variado efecto espacial que se enriquece ainda máis coa presenza dun vestíbulo central a triple altura arredor do cal ordéase todo o conxunto.
O edificio enriquécese posteriormente coa montaxe da sala de exposiciones, situada no sótano.
Anos máis tarde, e co fin de descentralizar o servizo bibliotecario e extender os beneficios do mesmo a todo o ámbito xeográfico do municipio, creáronse bibliotecas de proximidade nas parroquias de Aldán, Darbo e O Hío no ano 2001, completándose a rede coa Axencia de Lectura de Coiro, inaugurada no ano 2003.
Desta maneira, estes catro centros pasaron a formar, xunto coa Biblioteca Central de Cangas, a Rede Municipal de Bibliotecas.