O fondo local reúne libros, folletos, revistas, dossieres de prensa, DVDs e materiais diversos que teñen en común informar sobre temas relacionados co Concello de Arzúa e a bisbarra: poboación, historia, información sobre personaxes ou obras de escritores vencellados ó noso municipio...
Contamos ademáis cun fondo adicado ao Camiño de Santiago, xa que Arzúa se atopa no cruce de tres camiños: o Francés, o do Norte e o Primitivo.
Para facilitar a súa localización na sala, a colección dispúxose nun anaquel específico e os seus materiais atopanse sinalizados coas iniciais de Arzúa (A) e Camiño de Santiago (C.S.)
Zona de consulta de xornais e revistas
Na biblioteca hai tamén unha zona de consulta de xornais e de publicacións periódicas. Podes visitarnos cada día para coñecer as novas.
Hemeroteca histórica de Arzúa
Como parte da sección local, conservamos unha notable colección hemerográfica que tamén foi dixitalizada para formar parte da plataforma Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.


