Para acceder ao préstamo de documentos da biblioteca, cómpre ter carné de usuario de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Na Biblioteca de Arzúa, podes levar en préstamo:
- Libros: máximo 5 exemplares por prazo de 21 días
- Audiovisuais: máximo 2 exemplares por prazo de 7 días
- Documentos sonoros: máximo 2 exemplares por prazo de 7 días
Todos os préstamos pódense renovar unha vez, sempre que non fosen reservados por outra persoa usuaria.