A través do carné poderás acceder a todos os servizos presenciais e dixitais das bibiotecas que forman parte da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ao darte de alta, obterás un número de usuaria/o e un contrasinal para acceder tamén a túa conta online e á colección dixital da Rede, GaliciaLe.
Podes darte de alta de dúas formas:
- Presencialmente: na biblioteca, cubrindo un impreso. A expedición do carné será inmediata.
- Online: a través desta ligazón. Unha vez cuberto o formulario, deberás pasar pola biblioteca para confirmar a alta e recoller o carné
As/os menores de 14 anos deberán contar coa confirmación por unha persoa responsable (nai, pai, titor ou titora).
A conta de usuaria/o
Para entrar na túa conta (preme aquí)
- No campo Nº de carné da biblioteca introduce o número que aparece asociado ó código de barras do teu carné.
- Introduce no campo contrasinal a clave de acceso que chegou ao teu enderezo de correo electrónico cando fixeches o carné.
Dende a túa conta podes
- Consultar os teus préstamos e reservas
- Solicitar e anular reservas.
- Realizar solicitudes de compra para a túa biblioteca.
- Actualizar os teus datos persoais, enderezo electrónico ou teléfono.