Espazo comunitario
A Biblioteca de Arzúa é un lugar para o lecer, o traballo individual ou en grupo, ou a reunión espontánea en torno á cultura con espazos diferenciados: zona infantil, zona de ordenadores, zona de lectura e estudo e zona branda para crianzas.
Nas nosas instalacións celebramos presentacións de libros, conferencias, clubes de lectura, obradoiros e outras actividades orientadas a distintos públicos.
Carné de usuaria/o
Date de alta como usuario da Biblioteca de Arzúa e da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para poder acceder a todos os servizos.
Servizo de préstamo
O servizo de préstamo ofrece ás/aos usuarias/os da biblioteca a posibilidade de ler ou consultar durante un tempo determinado e de forma gratuíta, os documentos prestables da biblioteca.
Servizo de información e referencia
Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoio na resolución de necesidades informativas específicas.
Achégate ao mostrador, telefona ou envíanos un correo electrónico.
Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos (GaliciaLe)
O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase para as persoas usuarias das bibliotecas públicas galegas a través do servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos. Poden acceder de balde lectoras/es con carné de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.