Infantil
Sección destinada a crianzas e aos seus/súas acompañantes. As menores de 7 anos deben vir sempre acompañadas.
A colección organízase con unha zona de 0 a 3 anos e outra zona para crianzas a partir dos 4 anos. Os libros identifícanse como Infantil (I) ordénanse alfabéticamente (autor, título) ou por coleccións segundo editoriais (Kalandraka, OQO, etc.)
Podes atopar libros con solapas e para tocar, libros con música, contos clásicos, banda deseñada, historias de humor ou de amizade, contos para a igualdade, libros para fomentar a autonomía e para acompañar apendizaxes, libros para alimentar a fantasía e outros para coñecer o mundo, etc.
Os libros informativos clasifícanse con números que se corresponden coas diferentes materias seguindo a Clasificación Decimal Universal (CDU). Atópanse todos xuntos nun anaquel. Tamén temos unha selección de libros en Inglés (Ing).
Na zona de audiovisuais tamén atoparás:
- Películas
- Series
- Audiovisuais informativos (sobre natureza, saúde...)
- Videoxogos
Tamén contamos cun recuncho adicado á nosa colección de meigas.
Zona blanda
Na biblioteca temos unha zona blanda na que poder ler cómodamente cos/coas máis cativos/as.
Carné de socio
As crianzas poden facer o seu propio carné para levar os seus libros en péstamo. Así, as súas lecturas conservaranse asociadas ao seu perfil de usuario.
Espazo para a creatividade
Na zona infantil, as crianzas teñen pinturas, tesoiras e demáis materiais ao seu alcance para poder desenvolver a súa creatividade entre libros.