Os nosos fondos
A colección da biblioteca ofrece recursos para a formación, a información e o ocio de todas as persoas. Fórmase de todo tipo de materiais: libros, xornais e otras publicacións periódicas, CDs, DVDs e recursos electrónicos.
Os nosos fondos, con máis de 30.000 volumes, proveñen de compras e doazóns, tanto de institucións coma de particulares; este é o caso dos fondos Fandiño Veiga, R. Muñiz, A. Rivas e A. Vilar.
A meirande parte dos exemplares están en acceso libre, organizados por sección. Se precisas axuda para atopar algo, solicítao no mostrador.
Recursos electrónicos
O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase para as persoas usuarias das bibliotecas públicas galegas a través do servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos. A este servizo teñen acceso de balde lectoras/es con carné de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Áreas
Contamos con tres áreas específicas:
- Infantil: con libros para ver e tocar, contos, primeiras lecturas, libros para pequenas/os lectoras/es, libros para coñecer o mundo, cómics ou libros para aprender inglés.
- Xuvenil: con banda deseñada e novelas gráficas, novelas de distintos xéneros, teatro, libros en inglés, publicacións periódicas, os clásicos adaptados e as sagas máis actuáis.
- Adultas/os: con novelas de tódolos xéneros, biografías, poesía, teatro, clásicos da literatura universal e ensaios, traballos de investigación e manuais das distintas ramas do saber. Ademáis, na área de adultas/os contamos con un fondo local e outro adicado ao Camiño de Santiago.
Na biblioteca tamén atoparás diccionarios e outros recursos para a aprendizaxe, películas e documentais e música.