Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario.

Más información en nuestra Política de Cookies.

AceptarRechazar
language

A biblioteca

Historia

A Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro” foi creada no ano 1980, sendo alcalde de Arzúa Xesús García Vázquez. O lote fundacional procedía do antigo Centro Nacional de Lectura dependente do Ministerio de Cultura e constaba de 3.500 volumes.

Nos seus inicios, a sede da biblioteca estivo instalada nos baixos da Casa Consistorial e ocupaba uns 70 metros cadrados. Máis tarde, por causa das obras que se realizaron na Casa do Concello, foi trasladada á capela da Madanela onde funcionou entre os anos 1990 e 1993.

Finalmente, no ano 2008 a biblioteca abriu nas actuais instalacións na rúa Padre Pardo, de arredor de 500 metros cadrados. Desde a segunda planta do edificio, a biblioteca non deixa de mellorar os seus servizos e as coleccións que oferta aos seus usuarios.

Biblioteca na Casa do Concello, ca 1981

Biblioteca na Casa do Concello, ca. 1981

Entrega de premios do Certame Literario de Arzúa, ca. 1990

Entrega de premios do Certame Literario de Arzúa, ca. 1990

Mostra do Libro Galego de Arzúa na Capela da Madanela, ca. 1993

Mostra do Libro Galego de Arzúa na Capela da Madanela, ca. 1993

Animación á lectura na Biblioteca de Arzúa, ca. 1988

Animación á lectura na Biblioteca de Arzúa, ca. 1988